Ir ó contido

Axudas para estudar a Biblia

Estas ferramentas gratuítas axudaranche a estudar en profundidade a Biblia e a entendela mellor. Aquí poderás ler en liña a Biblia e usar as súas ferramentas de estudo. Ademais, poderás atopar vídeos baseados na Biblia, unha enciclopedia e un atlas bíblico, un glosario de termos bíblicos e outras ferramentas gratuítas.

Le a Biblia en liña

Analiza as características da Tradución do Novo Mundo, unha Biblia que é exacta e fácil de ler.

Vídeos para estudar a Biblia

Información sobre os libros da Biblia

Información básica sobre o contido de cada libro da Biblia e o seu contexto histórico.

Ensinanzas básicas da Biblia

Estas leccións curtas en vídeo responden importantes ensinanzas da Biblia como: por que creou Deus a Terra?, en que estado se atopan os mortos? ou por que permite Deus o sufrimento?

Obras de consulta e outras axudas para estudar a Biblia

Enciclopedia bíblica

A obra Perspicacia para comprender las Escrituras contén miles de entradas explicadas con moito detalle, entre outros, sobre os seguintes temas: persoas, lugares, plantas, animais, sucesos importantes e expresións simbólicas da Biblia. A versión para descargar desta enciclopedia contén mapas, fotografías, ilustracións, así como un índice de temas e un de textos bíblicos.

Resumo da Biblia

O folleto La Biblia y su mensaje contén un breve resumo da Biblia que destaca cal é o seu tema principal.

Atlas bíblico

O folleto Veamos “la buena tierra” é un atlas con moitos mapas e táboas que ilustran diferentes lugares do mundo bíblico, especialmente da Terra Prometida en distintas épocas.

Un texto bíblico para cada día

O folleto Examinemos las Escrituras todos los días contén un texto da Biblia para cada día e un comentario breve sobre esa pasaxe.

Programa para a lectura da Biblia

Se estás buscando un programa para ler a Biblia diariamente, para lela toda enteira nun ano ou simplemente para comezar a lela, esta axuda vaiche ser útil.

Como atopar os textos na túa Biblia

Nesta lista aparecen os 66 libros da Biblia na orde máis habitual na maioría das traducións. O libro da Biblia vai seguido do capítulo e do versículo.

Preguntas sobre a Biblia

Atopa as respostas que dá a Biblia a preguntas sobre Deus, Xesús, a familia, o sufrimento e outros temas.

Biblioteca en liña (opens new window)

Busca temas bíblicos nas publicacións das Testemuñas de Xehová

Estuda a Biblia cun mestre particular

Como son os cursos da Biblia que ofrecen as testemuñas de Xehová?

Co curso da Biblia interactivo e gratuíto das testemuñas de Xehová, poderás usar calquera tradución da Biblia e invitar a calquera familiar ou amigo que desexes.

Solicita unha visita

Atopa as respostas que dá a Biblia ou aprende máis acerca das Testemuñas de Xehová.