Ir ó contido

Prediquemos as boas noticias!

2024 Congreso Rexional das Testemuñas de Xehová

Entrada gratuíta Non se fan colectas

O máis destacado

Venres: Descubre as probas que temos de que as boas noticias sobre Xesús que aparecen nos Evanxeos son un rexistro exacto da súa vida. Aprende como estes relatos da Biblia nos poden axudar hoxe.

Sábado: Que profecías había sobre o nacemento de Xesús e a súa infancia? Chegaron a cumprirse realmente esas profecías?

Domingo: Na conferencia bíblica titulada “Por que non lles temos medo ás malas noticias?”, aprenderás por que millóns de persoas se poden sentir seguras e tranquilas a pesar de que este mundo cada vez vaia a peor.

Produción audiovisual

As boas noticias segundo Xesús: Episodio 1

A verdadeira luz do mundo

O milagroso nacemento de Xesús foi só un dos moitos acontecementos impresionantes que sucederon durante a súa infancia. Seus pais levárono a Exipto para protexelo dun rei que quería matalo. Despois deixou asombrados algúns dos mestres máis importantes da súa época. Observa como se desenvolven estas e outras escenas neste episodio que se verá en dúas partes o venres e o sábado.

Mira os seguintes vídeos sobre o Congreso Rexional deste ano:

Como son os nosos congresos rexionais?

Descubre como é un congreso rexional das Testemuñas de Xehová.

2024 Congreso Rexional das Testemuñas de Xehová: Prediquemos as boas noticias!

Mira o avance do programa do Congreso Rexional deste ano.

Avance da produción audiovisual: As boas noticias segundo Xesús.

Moitos coñecen o milagroso nacemento de Xesús. Pero que pasou antes e despois deste emocionante suceso?