Ir ó contido

Ir ó índice

LECCIÓN 15

Quen é Xesús?

Quen é Xesús?

Xesús é unha das persoas máis coñecidas da historia. Pero aparte do seu nome, moitos saben pouco acerca del e teñen ideas diferentes sobre quen é Xesús realmente. Que di a Biblia sobre el?

1. Quen é Xesús?

Xesús é un ser espiritual moi poderoso que vive no ceo. Xehová creouno antes que todo o demais. Por iso se di que “de toda criatura el é o primeiro nacido” (Colosenses 1:15). A Biblia di que Xesús é o “Fillo Unixénito” de Deus porque foi o único creado directamente por El (Xoán 3:16). Traballou moi preto do seu Pai, Xehová, e axudoulle a crear tódalas demais cousas (le Colosenses 1:16). Xesús segue a desfrutar dunha relación estreita con Xehová. El serve lealmente a Deus como “a Palabra”, é dicir, como portavoz que leva as súas mensaxes e instrucións (Xoán 1:14).

2. Por que veu Xesús á Terra?

Hai uns dous mil anos, Xehová usou o seu espírito santo para transferir de maneira milagrosa a vida de Xesús dende o ceo á matriz dunha virxe chamada María. Deste xeito, Xesús naceu como humano (le Lucas 1:34, 35). Xesús veu á Terra para ser o Mesías prometido ou Cristo e para salvar a humanidade. a Tódalas profecías da Biblia sobre o Mesías se cumpriron nel, permitindo que a xente identificase a Xesús como o Cristo, “o Fillo do Deus vivo” (Mateo 16:16).

3. Onde está Xesús agora?

Despois de rematar a súa vida como ser humano, Xesús foi resucitado como ser espiritual e volveu ó ceo. Alí “Deus o exaltou sobre todo” (Filipenses 2:9). Agora, Xesús ten unha posición de moita autoridade, só por detrás do propio Xehová.

AFONDA MÁIS

Descubre máis sobre quen é Xesús realmente e por que é tan importante aprender del.

4. Xesús non é o Deus todopoderoso

A Biblia ensina que, aínda que Xesús é un espírito poderoso no ceo, sométese a Xehová, o seu Deus e Pai. Por que chegamos a esa conclusión? Para ver o que ensina a Biblia sobre a posición que ocupa Xesús con relación ó Deus todopoderoso, poñede o VÍDEO.

Os seguintes textos axúdannos a entender a relación que hai entre Xehová e Xesús. Lede cada un deles e logo comentade as preguntas:

Lede Lucas 1:30-32.

  • Como describiu o anxo a relación entre Xesús e Xehová Deus, o Altísimo?

Lede Mateo 3:16, 17.

  • Que dixo unha voz dende o ceo no bautismo de Xesús?

  • De quen pensas que era esa voz?

Lede Xoán 14:28.

  • Quen é maior e ten máis autoridade? Un pai ou un fillo?

  • Que quixo dicir Xesús cando dixo que Xehová era seu Pai?

Lede Xoán 12:49.

  • Pensa Xesús que el e seu Pai son a mesma persoa? E ti que pensas?

5. Xesús demostrou ser o Mesías

A Biblia contén moitas profecías que axudarían ás persoas a identificar o Mesías. Poñede o VÍDEO para aprender máis sobre algunhas das profecías que se cumpriron en Xesús cando veu á Terra.

Lede estas profecías da Biblia e logo comentade as preguntas:

Lede Miqueas 5:1 (5:2, TNM) para aprender onde nacería o Mesías. b

  • Cumpriuse esta profecía co nacemento de Xesús? (Mateo 2:1).

Lede Salmo 34:21 (34:20, TNM) e Zacarías 12:10 para ver algúns detalles que se profetizaron sobre a morte do Mesías.

  • Cumpríronse estas profecías? (Xoán 19:33-37).

  • Pensas que Xesús puido influír no cumprimento dalgunha destas profecías?

  • Que che demostra isto sobre Xesús?

6. Como nos beneficia aprender de Xesús

A Biblia destaca a importancia de aprender sobre Xesús e o seu papel. Lede Xoán 14:6 e 17:3 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é vital aprender de Xesús?

Xesús abriu o camiño para que poidamos ser amigos de Deus e ensinou a verdade sobre Xehová. A través de Xesús podemos chegar a ter vida eterna

HAI QUEN DI: “As testemuñas de Xehová non cren en Xesús”.

  • Como responderías?

RESUMO

Xesús é un ser espiritual moi poderoso. É o Fillo de Deus e o Mesías.

Repaso

  • Por que se di de Xesús que “de toda criatura el é o primeiro nacido”?

  • Que fixo Xesús antes de vir á Terra?

  • Como sabemos que Xesús é o Mesías?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende máis sobre o papel de Xesús como Mesías.

“Demostran as profecías mesiánicas que Xesús foi o Mesías?” (Artigo web)

Descubre se a Biblia ensina que Deus chegou a ser o pai de Xesús de maneira literal, do mesmo xeito que os humanos teñen fillos.

“Por que se lle chama a Xesús o Fillo de Deus?” (Artigo web)

Analiza por que a Trindade non é unha ensinanza bíblica.

“Son Xesús e Deus a mesma persoa?” (La Atalaya, 1 abril 2009)

Le como lle cambiou a vida a unha muller cando aprendeu o que di a Biblia sobre Xesús.

“Unha muller xudía explica por que reconsiderou as súas crenzas” (¡Despertad!, maio 2013)

a Tanto Mesías como Cristo son títulos que se refiren ó escollido de Deus para salvar a humanidade. As leccións 2627 analizarán por que necesita ser salvada a humanidade e como nos salva Xesús.

b Para ver unha profecía que predixo cando aparecería exactamente o Mesías na Terra, mira a Nota 2.