Melloremos na lectura e no ensino

Esta publicación está deseñada para axudarnos a mellorar as nosas habilidades de oratoria, lectura e ensino.

Carta do Consello Reitor

Ensinamos e damos a coñecer a mensaxe máis importante que calquera persoa poida escoitar xamais.

ASPECTO DA ORATORIA 1

Introdución eficaz

Unha introdución eficaz debe cumprir tres obxectivos.

ASPECTO DA ORATORIA 2

Naturalidade

Falar de xeito natural axuda a que os que te escoitan estean cómodos e receptivos ó que van escoitar.

ASPECTO DA ORATORIA 3

Uso de preguntas

Fai preguntas con tacto para captar a atención dos que te escoitan e destacar os puntos importantes.

ASPECTO DA ORATORIA 4

Introdución eficaz dos textos bíblicos

Aprende como facer que os que te escoitan estean máis receptivos antes de ler unha pasaxe da Biblia.

ASPECTO DA ORATORIA 5

Lectura precisa

Ler de xeito preciso é fundamental ó ensinar acerca de Xehová.

ASPECTO DA ORATORIA 6

Aplicación clara dos textos bíblicos

Despois de ler un texto bíblico, axuda ós que te escoitan a entender a relación entre o texto e a idea que queres destacar.

ASPECTO DA ORATORIA 7

Exactitude e razoamento convincente

Ser exactos no que dicimos e razoar de xeito convincente axudará ás persoas que te escoitan a chegar á conclusión correcta.

ASPECTO DA ORATORIA 8

Ensinar con exemplos

Mellora o teu ensino usando exemplos sinxelos que cheguen ó corazón das persoas que te escoitan e transmitan leccións importantes.

ASPECTO DA ORATORIA 9

Uso axeitado de medios visuais

Utiliza axudas visuais para axudar ós presentes a lembrar os puntos principais.

ASPECTO DA ORATORIA 10

Modulación

Varía o volume, o ritmo e o ton da túa voz co propósito de motivar os que te escoitan a actuar e espertar os seus sentimentos.

ASPECTO DA ORATORIA 11

Entusiasmo

O entusiasmo demostra que falas dende o corazón e iso axudarache a reter a atención dos que te escoitan.

ASPECTO DA ORATORIA 12

Empatía e agarimo

As persoas que te escoitan sentirán que te preocupas por elas se falas dun xeito que demostre agarimo e interese sincero.

ASPECTO DA ORATORIA 13

Destacar o valor práctico

Axuda ós que te escoitan a ver como lles afecta a información e explica como poden poñer en práctica o que aprenden.

ASPECTO DA ORATORIA 14

Destacar os puntos principais

Axuda ós que te escoitan a seguir o fío do discurso e explica como se relaciona cada punto principal co tema e co obxectivo da información.

ASPECTO DA ORATORIA 15

Falar con convicción

Exprésate de xeito que demostre que estás plenamente convencido da importancia do que dis.

ASPECTO DA ORATORIA 16

Falar de xeito animador e positivo

Céntrate nas solucións e non nos problemas. Dirixe a atención dos que te escoitan ás verdades que aparecen na Palabra de Deus.

ASPECTO DA ORATORIA 17

Falar de xeito entendible

Esfórzate por explicar as ideas clave de xeito sinxelo e por axudar ós que te escoitan a captar o seu significado.

ASPECTO DA ORATORIA 18

Exposición instrutiva

Axuda ós que te escoitan a reflexionar na información e a aprender algo valioso.

ASPECTO DA ORATORIA 19

Chegar ó corazón

Motiva as persoas que te escoitan a amar a Deus e a Súa Palabra, a Biblia.

ASPECTO DA ORATORIA 20

Conclusión eficaz

Unha conclusión eficaz animará as persoas que te escoitan a aceptar e a poñer en práctica o que aprendan.

Rexistro persoal

Leva rexistro da túa mellora como lector e mestre.

Pode que tamén che guste

VIDEO SERIES

Melloremos na lectura e no ensino. Vídeos

Mellora as túas competencias lectora e docente.