Ir ó contido

Ir ó índice

COMO SE USAN AS TÚAS DOAZÓNS

Reunións de congregación por videoconferencia

Reunións de congregación por videoconferencia

26 DE XUÑO DE 2020

 Moitos gobernos de todo o mundo ordenaron o distanciamento físico e prohibiron as reunións públicas. As testemuñas de Xehová queren cumprir con estas ordes sen deixar de se reuniren de xeito seguro. Para acadar este obxectivo, as congregacións están a empregar aplicacións coma Zoom para se reuniren por videoconferencia.

 Para poder ter as reunións de xeito regular e seguro, o Consello Reitor aprobou o uso de doazóns para mercar contas de Zoom para as congregacións. Isto foi de gran axuda para algunhas congregacións que non podían pagar os 14, 19 ou máis euros que custa unha destas contas. Estas congregacións adoitaban empregar aplicacións gratuítas que limitan o número de conexións ou son pouco seguras. As congregacións que agora empregan contas de Zoom pagadas pola organización teñen conexións seguras e poden conectar moitas persoas a un tempo. Ata o de agora, máis de 65.000 congregacións en máis de 170 países están a empregar estas contas.

 Na cidade indonesia de Manado (Célebes do Norte), a congregación Kairagi deixou de empregar unha aplicación gratuíta e comezou a empregar unha conta de Zoom da organización. O irmán Hadi Santoso conta: “Mesmo os irmáns que non están afeitos ós aparellos electrónicos poden desfrutar agora das reunións, sobre todo porque xa non precisan conectarse unha e outra vez ó longo das mesmas”.

 Lester Jijón júnior, un ancián da congregación Guayacanes Oeste de Guayaquil (Ecuador), conta: “A moitas congregacións seríalles imposible pagar unha licenza de Zoom para se conectaren todos á vez porque os irmáns non teñen moitos cartos. Agora éche outra cousa grazas á conta de Zoom que nos subministrou a nosa organización. Xa podemos conectarnos moitos ó mesmo tempo e mesmo invitar a máis persoas ás nosas reunións sen o medo de superar o límite de conexións”.

 Johson Mwanza, un ancián da congregación Ngwerere Norte da cidade de Lusaka (Zambia), escribiu: “Moitos irmáns non paran de dicir que o Zoom que temos grazas á organización non só os fai sentir máis preto dos seus irmáns, senón que tamén lles fai sentir o coidado e agarimo de Xehová”.

 Para mercar estas contas de Zoom empregáronse cartos do fondo reservado para os labores de socorro. Este fondo existe grazas ás doazóns para a obra mundial. Moitas destas doazóns estanse a realizar a través de donate.dan124.com. Graciñas polas túas xenerosas doazóns, que tamén se empregan para outros labores de socorro por todo o mundo (2 Corintios 8:14).