Ir ó contido

Ir ó índice

Thomas Jackson/Stone via Getty Images

ESTADE SEMPRE VIXIANTES!

Podemos mirar cara ó 2024 con esperanza? O que di a Biblia.

Podemos mirar cara ó 2024 con esperanza? O que di a Biblia.

 Hai moitas persoas que non lles ven a saída ós problemas que nos afectarán no 2024 a nivel mundial. Pero, temos unha esperanza para o futuro. Onde podemos atopala?

A Biblia dános esperanza

 A Biblia promete que Deus solucionará os problemas que nos fan sentir que non temos esperanza para o futuro. Moi pronto, Deus “enxugará tódalas bágoas dos [nosos] ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:4).

Como nos pode axudar a Biblia xa agora?

 A Biblia dános unha esperanza para o futuro que pode axudarnos a vencer os sentimentos negativos e a ter unha actitude máis positiva (Romanos 15:13). Os consellos prácticos que atopamos nela tamén nos poden ser útiles para facerlles fronte ós problemas que temos agora, como por exemplo, a pobreza, as inxustizas e as enfermidades.

  •   Descubre como a esperanza que contén a Biblia lle axudou a un home a ter paz e felicidade a pesar de criarse nunha familia moi pobre. Mira o vídeo Juan Pablo Zermeño. Xehová deulle sentido á miña vida.

  •   Aprende como che pode axudar a Biblia a loitar contra os sentimentos de culpa, tristeza, ansiedade e dor pola morte dun ser querido. Le o artigo “Podo atopar consolo na Biblia?”.

  •   Mira como unha exmilitar, que se describía a si mesma como unha persoa agresiva e que non sentía nada, encontrou esperanza grazas á Biblia. Mira o vídeo Depuxen as armas.

 Fai que o 2024 sexa un bo ano para ti e a túa familia. Descubre como a Biblia pode axudarche a conseguilo. Proba as nosas clases particulares da Biblia gratuítas. Aprende como Deus pode darche paz xa agora e tamén “un porvir e unha esperanza” (Xeremías 29:11).