Ir ó contido

Existe Deus?

Existe Deus?

O que di a Biblia

 Si, a Biblia dános probas convincentes que demostran que si existe. Anímanos a examinalo todo para cultivar fe en Deus e non crer cegamente o que afirman as relixións (1 Tesalonicenses 5:21; 1 Xoán 5:20). Cales son algunhas das razóns que nos dá a Biblia para crer que Deus existe?

  •   A existencia dun Universo no que hai orde e tamén vida indica que ten que haber un Creador. A Biblia di: “Porque toda casa ten un constructor, pero o que constrúe todo é Deus” (Hebreos 3:4). Malia que este argumento poida parecer simple, moitas persoas estudadas pensan que é convincente. a

  •   Os humanos temos o desexo natural de entender cal é o sentido da vida. É un desexo que deixa un gran baleiro se non o satisfacemos. Por iso a Biblia fala dun tipo de fame que non é física, senón espiritual, e que implica a necesidade de coñecer e adorar a Deus (Mateo 4:4; Apocalipse 4:11). Esta fame ou necesidade espiritual non só demostra que Deus existe, senón que é un Creador que nos quere e que nos dá todo o necesario para cubrila.

  •   A Biblia contén profecías moi precisas que se cumpriron con todo detalle séculos despois de ser escritas. O feito de que se cumprisen con tanta exactitude demostra que veñen de alguén superior ós humanos (2 Pedro 1:21).

  •   Os escritores da Biblia tiñan coñecementos científicos moi avanzados para a súa época. Por exemplo, moitas civilizacións antigas crían que a Terra se sostiña sobre un elefante, un xabaril, un touro, ou algún outro animal. Pero a Biblia di que Deus “pendurou a terra sobre a nada” (Xob 26:7). Tamén di que a Terra ten forma de orbe, ou globo (Isaías 40:22). Moitas persoas pensan que a explicación máis lóxica para estes coñecementos tan avanzados é que Deus llelos deu.

  •   A Biblia dálles resposta a moitas preguntas difíciles que, se non se responden ben, poden levar a alguén a facerse ateo. Algunhas delas son: Se Deus é tan bo e todopoderoso, por que hai tanta maldade e sufrimento? Por que leva causado tanto mal a relixión? (Tito 1:16).

a Por exemplo, o astrónomo Allan Sandage dixo do Universo: “Coido que é moi improbable que unha orde así viñese do caos. Ten que haber leis que controlen esa orde. Para min Deus é un misterio, pero é a explicación do milagre da existencia, o porqué das cousas”.