Ir ó contido

Que é a Regra de Ouro?

Que é a Regra de Ouro?

O que di a Biblia

 O termo “Regra de Ouro” non aparece na Biblia. Aínda así, moitos usan este termo para referirse a unha norma de conduta que ensinou Xesús. No seu famoso Sermón do Monte, Xesús dixo: “Así que tratade á xente en todo conforme queredes que vos traten a vós” (Mateo 7:12; Lucas 6:31). A Regra de Ouro tamén se define deste xeito: “Fai a outros o que che gustaría que che fixesen a ti” (Encyclopedia of Philosophy).

 Que significa a Regra de Ouro?

 A Regra de Ouro anímanos a tratar a outros como nos gustaría que nos tratasen a nós. Por exemplo, á maioría das persoas gústalles que os demais as traten con respecto, amabilidade e amor. Así que deberiamos tratar á xente como queremos que nos traten a nós (Lucas 6:31).

 Por que nos beneficia a Regra de Ouro?

 Podemos empregar a Regra de Ouro en moitas situacións. Por exemplo, pode . . .

  •   Fortalecer os matrimonios (Efesios 5:28, 33).

  •   Axudarlles ós pais a educar os seus fillos (Efesios 6:4).

  •   Fomentar boas relacións entre amigos, veciños e compañeiros de traballo (Proverbios 3:27, 28; Colosenses 3:13).

 A Regra de Ouro segue o mesmo principio que atopamos na maior parte do Antigo Testamento. A norma de conduta que Xesús ensinou baséase na Lei, os cinco primeiros libros da Biblia, e tamén nos libros dos profetas (Mateo 7:12). É dicir, a Regra de Ouro resume un principio básico do Antigo Testamento (Romanos 13:8-10).

 É a Regra de Ouro unha maneira de obter cousas doutros?

 Non, a Regra de Ouro céntrase en dar. Cando Xesús deu esta regra non só estaba falando de como tratar as persoas en xeral, senón tamén os inimigos (Lucas 6:27-31, 35). Por iso, a Regra de Ouro anima a facer o ben a tódalas persoas.

 Como podes aplicar a Regra de Ouro?

  1.  1. Sendo observador. Presta atención ós que te rodean. Por exemplo, pode que vexas a alguén moi cargado coa compra, escoites que un veciño está no hospital ou te deas conta de que un compañeiro de traballo está desanimado. Cando miras polos demais, pode que atopes oportunidades de dicir ou facer cousas que sexan útiles (Filipenses 2:4).

  2.  2. Amosando empatía. Ponte no lugar da outra persoa. Como te sentirías se estiveses na súa situación? (Romanos 12:15). Tratar de entender os sentimentos dos demais pode motivarte a darlles axuda.

  3.  3. Sendo flexibles. Ten en conta que todos somos diferentes. O que a outros lles gustaría que lles fixesen poida que non sexa o mesmo que a ti. Aínda que poderías facer moitas cousas, intenta escoller o que a eles lles gustaría (1 Corintios 10:24).