Ir ó contido

Notiñas embaixo da lavadora

Notiñas embaixo da lavadora

 Despois de se bautizar como testemuña de Xehová, Zarina volveu de Rusia ó seu país de nacemento, en Asia central, decidida a compartir o que di a Biblia coas súas fillas. Non tiña moitos cartos, así que tivo que vivir nun apartamento dunha soa habitación cos seus pais, o seu irmán e maila súa cuñada. Os pais prohibíronlle falar da Biblia coas nenas, e a elas que falasen do tema coa nai.

 Zarina cavilou en como axudar ás súas fillas a aprender de Deus (Proverbios 1:8). Expresoulle a súa preocupación a Xehová e pediulle axuda para tomar boas decisións. Así que, segundo o que lle pedira, cando ía camiñar coas fillas faláballes sobre a creación. Esas pequenas conversas axudáronlles a interesarse polo Creador.

 Máis adiante, Zarina discorreu un xeito de ensinarlles máis ás fillas sobre Xehová, usando o libro Que ensina realmente a Biblia? a. Copiaba polo miúdo os parágrafos e as preguntas do libro en folliñas de papel. Ademais, engadía algunhas ideas para axudarlles a entender mellor o que estudaban. Logo agochaba as notiñas xunto cun lapis embaixo da lavadora. Cando as rapazas recollían a nota, lían os parágrafos e anotaban as respostas.

 Deste xeito, Zarina foi quen de estudar dous capítulos do libro Ensina coas fillas antes de atopar outro lugar onde vivir. Alí puido ensinarlles sen obstáculos. As dúas rapazas bautizáronse en outubro de 2016. Estaban moi contentas por tódolos esforzos que fixera a nai para ensinarlles o que di a Biblia.

a Agora moita xente usa o libro Desfruta da vida para sempre!.