Ir ó contido

Axudamos ós refuxiados en Europa

Axudamos ós refuxiados en Europa

Nos últimos anos chegaron a Europa unha gran cantidade de refuxiados de África, Oriente Medio e o Sur de Asia. As axencias estatais e os voluntarios locais están traballando para darlles comida, aloxamento e coidados médicos.

Porén, os refuxiados non só precisan axuda material. Moitos deles precisan consolo e esperanza para encararse ós traumas que viviron. As testemuñas de Xehová de Europa central esfórzanse por atender as súas necesidades, escoitándoos e compartindo con eles a mensaxe consoladora da Biblia.

Consolo da Biblia

Dende agosto de 2015, as testemuñas de Xehová de máis de trescentas congregacións de Austria e Alemaña fixeron un gran esforzo para consolar a estes refuxiados. Decatáronse de que ós refuxiados gústalles falar sobre a resposta que ofrece a Biblia a estas preguntas:

De agosto a outubro de 2015, as testemuñas de Xehová destas zonas pedíronlle á sucursal de Europa Central máis de catro toneladas de publicacións baseadas na Biblia para ofrecérllelas de balde ós refuxiados.

Supérase a barreira do idioma

Moitos destes refuxiados só falan a súa lingua materna. Para comunicarse con eles, as testemuñas de Xehová empregan a web jw.org que contén artigos e vídeos en centos de idiomas. Matthhias e Petra, quen colaboraron como voluntarios na cidade alemá de Erfurt, contan: “Ás veces comunicámonos con eles mediante xestos, imaxes e debuxos”. Tamén usan JW Language, unha aplicación que serve para aprender idiomas, para transmitirlles a mensaxe da Biblia a estes refuxiados na súa lingua materna. Outras testemuñas de Xehová empregan JW Library, dispoñible en moitos idiomas, para ler textos da Biblia e mostrar vídeos.

Unha resposta abraiante

Un matrimonio de Schweinfurt (Alemaña) di: “Moitos achegáronse a nós e nunhas dúas horas e media deixámoslles unhas trescentas sesenta publicacións. Moitos inclinaron a cabeza como sinal de agradecemento”. Wolfang, voluntario de Diez (Alemaña), tamén conta: “Cando alguén se interesa por eles, os refuxiados póñense moi contentos. Ás veces piden publicacións en cinco ou seis idiomas”.

Moitos comezan a ler nas publicacións en canto as collen, e outros ata volven onde as testemuñas de Xehová a darlles as grazas. “Dous mozos levaron algunhas publicacións e volveron media hora máis tarde cun pouco de pan e pedindo perdón por non teren máis nada para darnos como mostra de gratitude”, dixo unha testemuña de Xehová chamada Ilonca.

“Graciñas! Moitas grazas!”

Traballadores sociais, funcionarios e veciños agradecen os esforzos das testemuñas de Xehová. “Graciñas! Moitas grazas por preocuparvos polos estranxeiros!”, dixo un traballador social ó cargo de trescentos refuxiados. Outro traballador social dun campo de refuxiados díxolles ás testemuñas de Xehová que darlles a estas persoas algo bo para ler no seu idioma élles moi positivo porque “neste momento a súa vida limítase a comer tres veces ó día”.

Marion e mailo seu home Stefan, de Austria, explicáronlles o obxectivo do seu labor de voluntarios a dous policías que facían a rolda. Os axentes déronlles as grazas e pedíronlles dous libros. “A miúdo, a policía agradécenos o labor que estamos a facer”, conta Marion.

Unha muller de Austria que adoita facer doazóns a un campo de refuxiados decatouse de que, fixese bo tempo ou malo, as testemuñas de Xehová sempre ían axudarlles. Nunha ocasión dixo: “Sen dúbida, esta xente precisa axuda, pero, por riba de todo, precisan esperanza. E iso é o que vós lles dades”.