Ir ó contido

Pode axudarme a Biblia a ter unha familia feliz?

Pode axudarme a Biblia a ter unha familia feliz?

O que di a Biblia

 Si. A continuación veremos algúns bos consellos que dá a Biblia e que axudaron a millóns de persoas a ser máis felices nas súas familias.

  1.   Casa legalmente. Cando as persoas casan, comprométense a pasar xuntos o resto das súas vidas. Así poñen a base para ter unha familia feliz (Mateo 19:4-6).

  2.   Mostra amor e respecto. Isto inclúe tratar o teu home ou a túa muller como che gustaría que te tratase a ti (Mateo 7:12; Efesios 5:25, 33).

  3.   Evita as palabras que fan dano. Fala sempre con cariño, aínda que a outra persoa dixese ou fixese algo que che fixo dano (Efesios 4:31, 32). Que certo é o que di a Biblia en Proverbios 15:1: “Unha resposta doce alonga a cólera, unha verba ferinte acende a ira”.

  4.   Sé fiel. Non mostres interese romántico ou sexual por ninguén que non sexa o teu home ou a túa muller (Mateo 5:28). A Biblia di: “O matrimonio é merecente de tódolos respectos e o leito matrimonial ten que ser inmaculado” (Hebreos 13:4).

  5.   Cría os teu fillos con amor. Evita ser demasiado duro ou demasiado permisivo (Proverbios 29:15; Colosenses 3:21).