Ir ó contido

Ir ó índice

Importará o que creas?

Importará o que creas?

Cres que a vida terá algún propósito? O evolucionista William B. Provine comenta: “O que levamos descuberto acerca do proceso evolutivo ten enormes repercusións, xa que afecta ó que pensamos sobre o sentido da vida”. E conclúe: “Non lle vexo un significado cósmico ou fin último á existencia humana”.32

Pensa nas implicacións destas palabras. Será certo que a vida non obedece a ningún fin concreto? Entón a nosa existencia tampouco tería ningún propósito máis aló de facer algún ben e quizais transmitir os nosos xenes á seguinte xeración. Ó morrer deixariamos de existir para sempre. O noso cerebro, coa súa capacidade de pensar, razoar e meditar sobre o significado da vida, non sería máis ca un accidente da natureza.

Esta non é a única implicación. Moitos dos que cren na evolución afirman que Deus ou ben non existe, ou ben non se mete nas cousas dos humanos. En tal caso, o noso futuro estaría nas mans dos líderes políticos, intelectuais e relixiosos da sociedade. E se botamos unha ollada ó seu historial, vemos que a corrupción, o caos e os conflitos que azoutan a humanidade non teñen trazas de rematar. De feito, se a evolución fose certa, parece que teriamos motivos dabondo para vivir de acordo coa seguinte máxima fatalista: “Comamos e bebamos, que mañá morreremos” (1a Corintios 15:32).

A Biblia, en cambio, di que Deus é “a fonte da vida” (Salmo 36:10, [36:9NM]). Estas palabras tamén teñen profundas implicacións.

Se tal afirmación é verdade, entón a vida si que ten sentido. Como demostración de canto nos quere, o noso Creador ten preparado un futuro prometedor para tódolos que decidan vivir segundo a Súa vontade (Eclesiastés 12:13). Este propósito inclúe a promesa de vivir nun mundo sen corrupción, sen caos, sen conflitos, e mesmo sen morte (Salmo 37:10, 11; Isaías 25:6-8).

Con razón millóns de persoas cren que coñecer a Deus e obedecelo dá sentido ás súas vidas dun xeito único (Xoán 17:3). Estas crenzas non se basean en contos, senón na clara evidencia de que a vida foi creada.